Carlos está aprendendo a recoñecer o son das vogais en distintas palabras. Gústalle moito xogar a clasificar as imaxes, segundo a primeira letra do seu nome (sempre unha vogal). Ensinámosvos estas fotos para que vexades qué divertido é!!
luns, 27 de abril de 2015
venres, 24 de abril de 2015
CREAMOS CON NÚMEROS
Estes días estivemos creando con números, porque con imaxinación, calquera idea pode realizarse.
Como estamos na primavera, traballamos con vocabulario desta estación do ano, ao mesmo tempo que xogamos e nos divertimos cos números:
Como estamos na primavera, traballamos con vocabulario desta estación do ano, ao mesmo tempo que xogamos e nos divertimos cos números:
martes, 21 de abril de 2015
domingo, 19 de abril de 2015
ARTISTAS NA PRIMAVERA
A estas alturas xa todos e todas poidestes comprobar que a aula de Mafalda está chea de artistas. E uns artistas coma estes puxeron moito empeño en crear un mural para decorar a aula de primavera.
Xa compartimos con vós algunhas imaxes do proceso, pero hoxe xa vos podemos ensinar o resultado final!!
Xa compartimos con vós algunhas imaxes do proceso, pero hoxe xa vos podemos ensinar o resultado final!!
sábado, 18 de abril de 2015
xoves, 16 de abril de 2015
PLANTAMOS LENTELLAS
Esta semana Sergio plantou lentellas nunha maceta.
Para isto, necesitou:
Para isto, necesitou:
-Unha maceta.
-Lentellas.
-Terra.
-Auga.
E aquí compartimos unhas imaxes do proceso:
domingo, 12 de abril de 2015
CLASIFICACIÓNS: ALIMENTOS E PRENDAS DE VESTIR
Esta semana Mateo realizou el só e así de ben esta clasificación de imaxes de alimentos e prendas de vestir:
sábado, 11 de abril de 2015
CREAMOS PRIMAVERA
Para recibir ben a primavera, estamos elaborando un bonito mural.
Primeiro, pintamos a herba con ceras brandas de distintas cores (verde, amarelo, laranxa, vermello,...) e fixemos o ceo con xiz:
Despois pintamos con pintura de dedos e pincel as cores do arco da vella:
Estes nenos e nenas están feitos uns artistas!!

venres, 10 de abril de 2015
MOEDAS II
E seguimos contando moedas:
Como podedes ver, primeiro buscamos un modelo de cada moeda, para despois colorear cada unha da súa cor.
Como podedes ver, primeiro buscamos un modelo de cada moeda, para despois colorear cada unha da súa cor.
martes, 7 de abril de 2015
MOEDAS
Comezamos o 3º trimestre contando moedas. Na imaxe vemos a Edu, que está clasificando cada moeda co seu valor.
E aquí compartimos unhas fichas para aprender a manexar as moedas de euros e de céntimos:
E aquí compartimos unhas fichas para aprender a manexar as moedas de euros e de céntimos:
Cuánto Vale by slrey
domingo, 5 de abril de 2015
SANDRA MOSQUERA
A entrada de hoxe dedicámoslla a esta gran persoa, exemplo para todos nós.
Xente coma Sandra é a que nos ensina día tras día que todos podemos, só hai que desexalo.
*Clicar na imaxe para coñecer a historia de Sandra.
Xente coma Sandra é a que nos ensina día tras día que todos podemos, só hai que desexalo.
*Clicar na imaxe para coñecer a historia de Sandra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)