Despois de tantos meses xuntos, chegou outra vez o fin, que vén acompañado dunhas moi merecidas vacacións para todos os nenos e nenas. O certo é que ao longo do curso traballaron un montón, e así o queremos demostrar aquí.
Primeiro, ensinámosvos o ben que o pasamos celebrando diferentes datas (as estacións do ano, o samaín, o nadal, o día da paz, o antroido, as letras galegas,...).
E tamén queremos compartir con todos un exemplo dos nosos traballos (conceptos matemáticos, lateralidade, motricidade fina, lectoescritura,...).
E a mestra non quere despedirse deste intenso curso sen darlle as grazas aos seus pequenos e pequenas, que tanto lle ensinan todos os días. Grazas Carlos, Ruth, Mateo, Martina, Edu, Uxía, Sergio e Alejandro!
E grazas a todos vós, compañeiros e compañeiras dun colexio maravilloso!