Estes días estivemos moi atareados preparando e celebrando o Samaín.
O colexio encheuse de cabazas que se quixeron disfrazar de todo o que vos poidades imaxinar. Tanto nos gustaron que fomos botarlles un vistazo a todas elas e, xa de paso, quitarlles unhas fotiños para o recordo.
Tivemos unha sorte tremenda, pois a profe deixounos a nós enfocar a cámara. As fotos están un pouco borrosas, pero é que estabamos moi emocionados coa festividade do Samaín...!!!
Pero non todo vai ser pasear. Traballamos un montón na aula e fixemos as nosas propias cabazas. Mirade que terroríficas!
Que chulada de fotos e de caretas-cabaza!!!
ResponderEliminarQuen serán os que están detrás desas máscaras?? jejejeje!!!!
Un traballo estupendo rapaces!!!