Case sen decatarnos xa estamos preparando as actuacións para o festival do Nadal. E antes, claro está, temos que decorar o centro para a ocasión:
-O primeiro foi buscar unhas letras ben chulas para felicitar estas datas.
-Seguindo a tradición non podía faltar unha árbore do Nadal. Como estamos traballando as partes do corpo, atrevédesvos a crear unha árbore utilizando algunha parte? Pois claro!
-Pero unha árbore non é do Nadal se non ten algún bonequiño. Gustounos moito este de Papá Noel:
Mirade o resultado! Gústavos?
E, por último, todos os nenos e nenas que participamos neste blog desexámosvos un BO NADAL!!
Noraboa polo blogue. É moi interesante!!!
ResponderEliminarMoitas grazas! Alegrámosnos un montón de que vos guste!
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar