Hoxe compartimos dúas páxinas nas que atopar material imprimible que pode ser de axuda para iniciarse na lectoescritura en lingua castelá (clicar nas imaxes para acceder):
mércores, 28 de maio de 2014
venres, 23 de maio de 2014
NÚMEROS PARES E IMPARES
Hoxe Uxía ensínanos cales son os números pares e impares.
-Números PARES: rematan en 0, 2, 4, 6, 8.
Algúns exemplos: 22, 20, 44, 54, 70.
-Números IMPARES: rematan en 1, 3, 5, 7, 9.
Algúns exemplos: 31, 53, 33, 55.
-Números PARES: rematan en 0, 2, 4, 6, 8.
Algúns exemplos: 22, 20, 44, 54, 70.
-Números IMPARES: rematan en 1, 3, 5, 7, 9.
Algúns exemplos: 31, 53, 33, 55.
mércores, 21 de maio de 2014
mércores, 14 de maio de 2014
COLOREANDO FIGURAS
Hoxe Carlos e Ruth ensínannos o ben que colorearon cos dedos estas figuras xeométricas: o cadrado, o rombo, o círculo e o óvalo.
Así, tirados no chan!!! Qué comodidade!!!
E aquí o resultado final!!!
Así, tirados no chan!!! Qué comodidade!!!
E aquí o resultado final!!!
luns, 12 de maio de 2014
SÍNDROME DE ASPERGER
O pasado 10 de maio a profe e as ganas de seguir aprendendo viaxaron xuntas ás Xornadas que organizou en Ferrol a asociación Asperga, e nelas tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca as necesidades e vivenzas das persoas con Síndrome de Ásperger.
A modo de resumo, e co ánimo de compartir a información recollida, presentamos estes datos sinxelos e esquemáticos:
A modo de resumo, e co ánimo de compartir a información recollida, presentamos estes datos sinxelos e esquemáticos:
- No Síndrome de Asperger poderemos atopar alteracións en tres ámbitos: nas relacións sociais, na comunicación e na flexibilidade mental e comportamental.
- As primeiras sinais que poden facernos pensar en Ásperger poden estar referidas a: alteracións na adquisición da linguaxe; falta de contacto ocular; xogo solitario, repetitivo e non simbólico; movementos repititivos; carencia de intereses compartidos cos iguais; dificultade para aceptar os cambios; hipersensibilidade a ruídos/olores/sabores; intereses limitados; falta de coordinación motriz.
- Ao igual todos, as persoas con Ásperger beneficiaranse dunha intervención personalizada e adaptada ás súas necesidades. Falando en termos xerais, esta intervención deberá ir enfocada a potenciar e traballar tres áreas:
- Habilidades sociais:
Utilizar unha linguaxe explícita, explicarlle as normas sociais requeridas en cada contexto, ter en conta os puntos fortes e os débiles, ofrecerlle modelos adecuados de conduta, realizar actividades grupais graduais, utilizar (en caso necesario) guións ou historias sociais, desenvolver talleres específicos de habilidades sociais.
2. Autonomía:
Indicar paso a paso as actividades que hai que realizar, ofrecer as instrucións de unha en unha, presentar unha lista dos pasos a seguir con apoio visual (e ir retirando pouco a pouco o apoio), ofrecer responsabilidades co fin de evitar a sobreprotección, ofrecer recompensas ante a consecución dos obxectivos.
3. Autocontrol:
Ensinar as sinais físicas do estrés, rexistrar problemas de conduta (conduta, causas e consecuencias), ofrecer guións de control de conduta (que axuden a decidir qué facer se notamos que imos perder o control), preparación e anticipación dos cambios, reforzar comportamentos adecuados concretos, ter en conta os avances, favorecer e potenciar o autocoñecemento.
- Como podemos intervir dende a escola? Para a intervención escolar, e moi esquematicamente, deberemos ter en conta aspectos como:
Estructurar o ambiente e evitar cambios inesperados.
Planificar as tarefas paso por paso.
Ofrecer instrucións claras e precisas.
Favorecer moito a comprensión lectora, a comprensións dos conceptos abstractos e a xenaralización dos coñecementos traballados.
Evitar a perda de motivación.
Realizar exámenes adaptados ás necesidades dos alumnos/as (mellor nestes casos en formato tipo test).
Intervir sobre os problemas de atención.
Ter en conta as dificultades coas que se atopan para realizar unha adecuada grafía (debidos á torpeza motora).
Ademais de toda esta información, dende Asperga tamén nos facilitaron diferentes materiais para seguir indagando no Síndrome de Asperger. Aquí deixamos algúns deles:
-El Síndrome de Asperger: otra forma de aprender. Equipo Deletrea (Comunidad de Madrid)
-Síndrome de Asperger. Guía práctica para la intervención en el ámbito escolar. Asociación Sevillana de Síndrome de Asperger.
-http://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com.es/
-http://conadeasperger.blogspot.com.es/

xoves, 8 de maio de 2014
ESCRIBIMOS CON SAL
Para interiorizar moi ben a orientación das vogais, combinamos a escritura en papel con outras superficies e materiais/texturas. Desta vez traballamos con sal, sobre o cal estivemos practicando a realización do príncipe e.
Os pasos foron varios:
-Primeiro seguindo o trazo previamente realizado pola profe.
-De seguido repasando co dedo a forma da letra esta vez punteada.
-Por último, realizando a letra e sen modelo.
Os pasos foron varios:
-Primeiro seguindo o trazo previamente realizado pola profe.
-De seguido repasando co dedo a forma da letra esta vez punteada.
-Por último, realizando a letra e sen modelo.
luns, 5 de maio de 2014
FORMAMOS PALABRAS
Toca traballar con sílabas. Aproveitamos que xa recoñecemos un montón de palabras por lectura global, para dar un paso máis e pasar á lectura silábica. Amosamos aquí un exemplo de cómo traballala de forma manipulativa (con tarxetas-sílaba).
Necesitamos:
1- Tarxetas-silaba
2- Dose dobre de enerxía e atención
Comezamos!
Unha vez moi concentrados, escoitamos a palabra que di a profe e mans á obra!
Ademais, a profe deixounos sacar fotos do noso traballo!!Cantas palabras!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)