A modo de resumo, e co ánimo de compartir a información recollida, presentamos estes datos sinxelos e esquemáticos:
- No Síndrome de Asperger poderemos atopar alteracións en tres ámbitos: nas relacións sociais, na comunicación e na flexibilidade mental e comportamental.
- As primeiras sinais que poden facernos pensar en Ásperger poden estar referidas a: alteracións na adquisición da linguaxe; falta de contacto ocular; xogo solitario, repetitivo e non simbólico; movementos repititivos; carencia de intereses compartidos cos iguais; dificultade para aceptar os cambios; hipersensibilidade a ruídos/olores/sabores; intereses limitados; falta de coordinación motriz.
- Ao igual todos, as persoas con Ásperger beneficiaranse dunha intervención personalizada e adaptada ás súas necesidades. Falando en termos xerais, esta intervención deberá ir enfocada a potenciar e traballar tres áreas:
- Habilidades sociais:
Utilizar unha linguaxe explícita, explicarlle as normas sociais requeridas en cada contexto, ter en conta os puntos fortes e os débiles, ofrecerlle modelos adecuados de conduta, realizar actividades grupais graduais, utilizar (en caso necesario) guións ou historias sociais, desenvolver talleres específicos de habilidades sociais.
2. Autonomía:
Indicar paso a paso as actividades que hai que realizar, ofrecer as instrucións de unha en unha, presentar unha lista dos pasos a seguir con apoio visual (e ir retirando pouco a pouco o apoio), ofrecer responsabilidades co fin de evitar a sobreprotección, ofrecer recompensas ante a consecución dos obxectivos.
3. Autocontrol:
Ensinar as sinais físicas do estrés, rexistrar problemas de conduta (conduta, causas e consecuencias), ofrecer guións de control de conduta (que axuden a decidir qué facer se notamos que imos perder o control), preparación e anticipación dos cambios, reforzar comportamentos adecuados concretos, ter en conta os avances, favorecer e potenciar o autocoñecemento.
- Como podemos intervir dende a escola? Para a intervención escolar, e moi esquematicamente, deberemos ter en conta aspectos como:
Estructurar o ambiente e evitar cambios inesperados.
Planificar as tarefas paso por paso.
Ofrecer instrucións claras e precisas.
Favorecer moito a comprensión lectora, a comprensións dos conceptos abstractos e a xenaralización dos coñecementos traballados.
Evitar a perda de motivación.
Realizar exámenes adaptados ás necesidades dos alumnos/as (mellor nestes casos en formato tipo test).
Intervir sobre os problemas de atención.
Ter en conta as dificultades coas que se atopan para realizar unha adecuada grafía (debidos á torpeza motora).
Ademais de toda esta información, dende Asperga tamén nos facilitaron diferentes materiais para seguir indagando no Síndrome de Asperger. Aquí deixamos algúns deles:
-El Síndrome de Asperger: otra forma de aprender. Equipo Deletrea (Comunidad de Madrid)
-Síndrome de Asperger. Guía práctica para la intervención en el ámbito escolar. Asociación Sevillana de Síndrome de Asperger.
-http://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com.es/
-http://conadeasperger.blogspot.com.es/
Ademais de toda esta información, dende Asperga tamén nos facilitaron diferentes materiais para seguir indagando no Síndrome de Asperger. Aquí deixamos algúns deles:
-El Síndrome de Asperger: otra forma de aprender. Equipo Deletrea (Comunidad de Madrid)
-Síndrome de Asperger. Guía práctica para la intervención en el ámbito escolar. Asociación Sevillana de Síndrome de Asperger.
-http://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com.es/
-http://conadeasperger.blogspot.com.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario