Hoxe dedicamos esta entrada a unha iniciativa que naceu en Carballo, e que está formada por pais e nais loitadores que queren unir as súas forzas cheos de desexos de traballar xuntos pola normalidade, a inclusión e a diversidade. Esta iniciativa chámase ALOUMIÑOS, e quere facer que na Costa da Morte todas as persoas con necesidades específicas poidan gozar dos mesmos dereitos e facilidades que o resto.
Dende este blogue queremos animarvos a participar, a traballar pola normalidade, a inclusión e a diversidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario