A tarefa de realizar problemas pode ser moi cansa, pero sempre atopamos a forma de volvela máis atractiva.
Neste caso, escribimos cada problema en tarxetas, que cada alumno/a podía elixir libremente (iso si, hai que ir colléndoas todas para resolver todos os problemas):
Como podedes ver, os problemas tamén nos sorrín a nós, como forma de dicirnos que son os nosos compañeiros!
Ademais, como estamos traballando as porcentaxes e a regra de tres, escribimos estas "pistas" na pizarra, para ter moi presente cómo debemos resolvelos:
luns, 25 de abril de 2016
sábado, 16 de abril de 2016
Y-, LL- o HIE-?
Para aprender a recoñecer e diferenciar se determinadas palabras comezan coa letra Y, co dígrafo LL ou con HIE, realizamos esta sinxela actividade, para a que unicamente precisamos:
- Tarxetas grandes con estas letras.
- Tarxetas pequenas con palabras que comecen con estas letras.
- Tarxetas que nos indiquen un número determinado de palabras (estas últimas para a segunda parte da actividade).
O xogo consiste no seguinte (neste caso, realizámolo con dous alumnos/as):
- O alumno A colle unha tarxeta-palabra e lea en voz alta. O alumno B debe dicir en qué tarxeta-letra a ten que colocar. E viceversa, ata que coloquemos todas as tarxetas.
- Na segunda parte, cada alumno escolle unha tarxeta-palabra e outra tarxeta-número. Deberá construir e escribir unha oración que conteña a palabra indicada e co número de palabras que nos di a tarxeta.
luns, 11 de abril de 2016
DON QUIJOTE DE LA MANCHA
Neste ano 2016 celebramos o 400 centenario da morte de Miguel de Cervantes. Isto quere dicir que fai 400 anos faleceu o escritor da importante obra "Don Quijote de la Mancha".
Aproveitando esta conmemoración e a próxima celebración da Semana do Libro, durante o mes de abril imos realizar varias actividades nas que coñeceremos ao intrépido personaxe Don Quijote.
As actividades consistirán en:
-Reescritura e comprensión escrita da introdución e presentación de Don Quijote:
-Audición e comprensión oral da aventura dos muíños:
Aproveitando esta conmemoración e a próxima celebración da Semana do Libro, durante o mes de abril imos realizar varias actividades nas que coñeceremos ao intrépido personaxe Don Quijote.
As actividades consistirán en:
-Reescritura e comprensión escrita da introdución e presentación de Don Quijote:
Quijote Separar Oraciones by slrey
-Audición e comprensión oral da aventura dos muíños:
Comprensión Audición Quijote by slrey
sábado, 9 de abril de 2016
PALABRAS NA PRIMAVERA
Para crear un ambiente primaveral, decidimos deseñar un mural con palabras que nos inspira a primavera.
E este é o resultado!:
E este é o resultado!:
venres, 8 de abril de 2016
UNIDADES DE LONXITUDE
En 4º de Primaria estamos aprendendo as unidades de lonxitude.
Para quedarnos ben coa conversión, utilizamos un material "Velleda", que consiste en:
Para quedarnos ben coa conversión, utilizamos un material "Velleda", que consiste en:
- Escribir o nome de cada unidade de medida:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)