xoves, 18 de decembro de 2014

DECORADO PARA O NADAL

Hoxe amosámosvos a nosa decoración para o Nadal. Esperamos que vos guste!!

1- Decoración para a parede:

2- A nosa árbore do Nadal:

3- Aprendemos moito no Nadal:

martes, 16 de decembro de 2014

O NADAL CON LIM

Para traballar o Nadal con recursos LIM, compartimos estas páxinas. Esperamos que vos gusten e que aprendades un montón destes días tan máxicos!



*Clicar nas imaxes.

luns, 15 de decembro de 2014

MATES CON LIM

Compartimos estes recursos para facer un repasiño de:


-Unidades e decenas.

-Razoamento e resolución de problemas.

-O reloxo.

*Clicar nas imaxes para acceder.

xoves, 11 de decembro de 2014

domingo, 7 de decembro de 2014

PARCHÍS XIGANTE

Hoxe amosámosvos o noso parchís xigante. Encántanos xogar con el, é coma se fose unha alfombra!
Debido á emoción do momento, as imaxes están un pouco borrosas pero o importante é o ben que o pasamos aprendendo e xogando!!

mércores, 3 de decembro de 2014

CANTAMOS OS DÍAS DA SEMANA

Bos días!
Para comezar cantando, deixamos unha canción moi divertida coa que aprender os días da semana.



E antes de despedirnos, non esquecer que hoxe é o día internacional da discapacidade, así que a cantar pola inclusión!!

luns, 1 de decembro de 2014

xoves, 27 de novembro de 2014

NÚMERO E CANTIDADE

Con Martina aprendemos a asociar o número coa cantidade:

-Primeiro, contamos cántos escarvadentes hai en cada base e colocamos a tarxeta co número.

-Despois, tras facer boliñas de plastilina, imos colocándoas.


mércores, 19 de novembro de 2014

martes, 18 de novembro de 2014

LEMOS PALABRAS

Hoxe imos compartir un material elaborado e personalizado para a lectura global de palabras. Tan só precisamos unha carpeta de fundas plásticas, velcro e as tarxetas de lectura (tarxetas-imaxe e tarxetas-palabra).

domingo, 16 de novembro de 2014

CONTAMOS COAS MANS II

Carlos tamén nos ensina a contar coas mans:

Ademais, tamén nos gusta moito facer este quebracabezas xigante cos números:

mércores, 12 de novembro de 2014

martes, 11 de novembro de 2014

venres, 7 de novembro de 2014

OS DÍAS DA SEMANA

Compartimos un libro elaborado para aprender os días da semana:

*As tarxetas cos días tamén se poden usar en cor branca.