mércores, 25 de setembro de 2013

PARTES DA CASA II

Seguimos repasando as partes da casa, esta vez cun material máis visual e manipulativo, que nos permite coñecer os obxectos das distintas dependencias:

DA COCIÑA

DA SALA

DO DORMITORIO

E DO CUARTO DE BAÑO

A pregunta agora é: onde gardamos cada obxecto?

A xogar e aprender!

xoves, 19 de setembro de 2013

REPASAMOS AS PARTES DA CASA

Ola de novo! Toca traballar o vocabulario referido ás partes da casa. Aquí, un material para romper o xeo:

Partes Casa

domingo, 15 de setembro de 2013

A BARALLA DAS CORES

Ola a todas e todos!! Que vos parece seguir xogando coas cores? Hoxe propoño xogar coa baralla das cores.


Como podedes ver, neste caso a baralla está elaborada para traballar a cor amarela, a vermella, a azul e a verde (todas xuntas ou pouquiño a pouco, dependendo das necesidades e obxectivos). Cada carta ten a dimensión de un cuarto de folio, elixida pensando en favorecer a súa manipulación ao alumnado que precisa fomentar a motricidade fina. Desta forma, conseguimos que poidan xogar e utilizar a baralla de forma máis sinxela.

E á vez que aprendemos as cores tamén coñecemos vocabulario básico da vida diaria, xa que cada cor está composta polas mesmas imaxes, neste caso: casa, coche, mesa, cadeira, pantalón, gorro e mochila. É dicir, podemos dividir a baralla en dúas categorías: CORES e OBXECTOS.


Preguntarédesvos, "e como se xoga coa baralla das cores?". A resposta dependerá, como xa mencionei, das características, necesidades e obxectivos cos que estemos traballando. Xa sabedes que aquí pensamos sempre en todas e en todos, así que en cada caso buscaremos a saída máis cómoda, divertida e adecuada.

A animarse a xogar coas cores e a darlle luz a cada día!

martes, 10 de setembro de 2013

XOGAMOS COAS CORES

O día de hoxe ímosllo dedicar a todas as cores que lle dan luz ao noso entorno.
En concreto, amoso un material para xogar coa cor vermella, a amarela e a verde:


Un material moi sinxelo de elaborar e con múltiples formas de ser utilizado. Só hai que botarlle imaxinación e disfrutar das cores e da compañía dos máis pequenos.


Agora a xogar e a aprender!

sábado, 7 de setembro de 2013

NO VERÁN FIXEN...

Para despedir o verán que está rematando, aquí van unhas fichas de repaso, para traballar vocabulario desta época, razoamento, atención, e tamén para repasar os números.
Aquí van:

ficha1



ficha3a



ficha4



ficha5a



ficha6



números



*Con pictogramas tomados da páxina de ARASAAC.

domingo, 1 de setembro de 2013

COMEZAMOS!

Mañá voltamos ao cole todas as mestras e mestres de Galicia. Durante estes primeiros días dedicarémonos a argallar e preparar as aventuras que viviremos ao longo de todo o curso, e que por primeira vez teño a sorte de vivir no mesmo centro.

Así que un ano máis compartirei vagón coas mesmas compañeiras, compañeiros, alumnas e alumnos. E isto éncheme de ledicia, porque estes pequenos son os mellores compañeiros de viaxe que podería ter, así que disfrutarei moito desta oportunidade de contar coa súa compañía un ano máis. Aproveitarei para contaxiarme de novo das súas ganas por aprender, por xogar e por demostrar todo o que se pode lograr con esforzo, ilusión e alegría.

En definitiva, atentos todos e todas!, preparen as ás... comezamos a voar!!