domingo, 15 de setembro de 2013

A BARALLA DAS CORES

Ola a todas e todos!! Que vos parece seguir xogando coas cores? Hoxe propoño xogar coa baralla das cores.


Como podedes ver, neste caso a baralla está elaborada para traballar a cor amarela, a vermella, a azul e a verde (todas xuntas ou pouquiño a pouco, dependendo das necesidades e obxectivos). Cada carta ten a dimensión de un cuarto de folio, elixida pensando en favorecer a súa manipulación ao alumnado que precisa fomentar a motricidade fina. Desta forma, conseguimos que poidan xogar e utilizar a baralla de forma máis sinxela.

E á vez que aprendemos as cores tamén coñecemos vocabulario básico da vida diaria, xa que cada cor está composta polas mesmas imaxes, neste caso: casa, coche, mesa, cadeira, pantalón, gorro e mochila. É dicir, podemos dividir a baralla en dúas categorías: CORES e OBXECTOS.


Preguntarédesvos, "e como se xoga coa baralla das cores?". A resposta dependerá, como xa mencionei, das características, necesidades e obxectivos cos que estemos traballando. Xa sabedes que aquí pensamos sempre en todas e en todos, así que en cada caso buscaremos a saída máis cómoda, divertida e adecuada.

A animarse a xogar coas cores e a darlle luz a cada día!

Ningún comentario:

Publicar un comentario