sábado, 30 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Para celebrar o Día da Paz e a Non Violencia, os alumnos e alumnas de Pingas de Cores fixemos varias actividades:

1- A Pomba da Paz, chea das nosas definicións da paz. "A Paz é..."



2- Diferentes poemas da paz, uns adaptados e outros de colleita propia. Esperamos que vos cheguen ao corazón!

mércores, 27 de xaneiro de 2016

DO 100 AO 119

Este mes comezamos a traballar coa centena! Que xa son 100!
Para entender ben o concepto, realizamos distintas actividades coas que manipulamos os números e as unidades, decenas e centenas. Compartimos algunhas imaxes:


Con este material buscamos aprender a escribir e ordenar estes números:

Nesta actividade tiñamos que crear cada número, utilizando as unidades, decenas e centenas adecuadas:

domingo, 17 de xaneiro de 2016

venres, 8 de xaneiro de 2016

xoves, 7 de xaneiro de 2016

VOLVEMOS!

Despois dun merecido descanso, estamos de volta coas pilas ben cargadas e ánimos polas nubes!

Este trimestre acompañarannos as vogais optimistas, porque traballaremos con:

A de AVANZAR


E de ÉXITO


I de ILUSIÓN


O de ORGULLO


U de ÚNICOS