xoves, 26 de xuño de 2014

CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015

Hoxe publicouse no DOG o calendario escolar para o próximo curso.
Clicando na imaxe podedes acceder a el:

martes, 24 de xuño de 2014

ALOUMIÑOS

Hoxe dedicamos esta entrada a unha iniciativa que naceu en Carballo, e que está formada por pais e nais loitadores que queren unir as súas forzas cheos de desexos de traballar xuntos pola normalidade, a inclusión e a diversidade. Esta iniciativa chámase ALOUMIÑOS, e quere facer que na Costa da Morte todas as persoas con necesidades específicas poidan gozar dos mesmos dereitos e facilidades que o resto.


Dende este blogue queremos animarvos a participar, a traballar pola normalidade, a inclusión e a diversidade!

xoves, 19 de xuño de 2014

FIN

Un ano máis o barco chegou ao seu destino. É hora de baixarnos e, durante un tempo, descansar.
Botarei de menos aos meus pequenos e pequenas acompañantes. Grazas por regalarme estes meses e por recibirme cada día con eses ilusionados sorrisos que son a miña fonte de enerxía.
Sen saber en qué barco iniciarei nova viaxe, só me queda dicir que NUNCA vos esquecerei, porque sodes especiais, porque sodes únicos, porque fostes durante este tempo un anaquiño de min.

domingo, 1 de xuño de 2014

DEPORTES

Dende o blog Pingas de Cores queremos animar a todos os nenos e nenas a practicar deportes.
Hoxe compartimos algunhas fichas coas que traballar algúns deles, aínda que sen esquecer que o máis importante do deporte é a posta en práctica!

unir deporte con elemento.pdf by slrey



intrusos no deporte.pdf by slrey



deporte con balóns.pdf by slrey



Baloncesto.pdf by slrey



Natación.pdf by slrey



A PRACTICAR DEPORTE, MELLOR EN EQUIPO E AO AIRE LIBRE!!