mércores, 30 de outubro de 2013

O SAMAÍN

Estes días estivemos moi atareados preparando e celebrando o Samaín.
O colexio encheuse de cabazas que se quixeron disfrazar de todo o que vos poidades imaxinar. Tanto nos gustaron que fomos botarlles un vistazo a todas elas e, xa de paso, quitarlles unhas fotiños para o recordo.
Tivemos unha sorte tremenda, pois a profe deixounos a nós enfocar a cámara. As fotos están un pouco borrosas, pero é que estabamos moi emocionados coa festividade do Samaín...!!!



Pero non todo vai ser pasear. Traballamos un montón na aula e fixemos as nosas propias cabazas. Mirade que terroríficas!

martes, 29 de outubro de 2013

"PEPE"

Aprendemos as partes da cara co noso boneco Pepe.

Poñémoslle as cellas e os ollos,

o nariz,

e finalmente, a boca.

QUE GUAPO ESTÁ HOXE PEPE!

luns, 28 de outubro de 2013

LEMOS PALABRAS CON "MA"

Hoxe con Edu coñecemos palabras que levan a señora M agarradiña da raíña A.


Así que (esta vez en lingua castelá)...pensamos palabras con "ma":

TOMATE


MARIQUITA


MAMA


MANO


Ocórrensevos máis palabras con "ma"?



sábado, 26 de outubro de 2013

venres, 25 de outubro de 2013

"ACUARIO"

Esta semana tiven o pracer de disfrutar do espectáculo capitaneado por María Canosa, a través do cal achega a poesía e a lingua galega aos máis cativos cunha orixinal posta en escea que os deixa cautivados, e pódese dar fé diso polas risas e a participación que todos eles amosaron ao longo do espectáculo.


Grande profesional e mellor persoa, grazas por sementar na terra máis fértil o amor pola nosa lingua, polas nosas verbas e pola nosa cultura. Como galega, grazas por difundir a lingua que levamos tan dentro. Como mestra, grazas por amosarlle aos pequenos tanta ilusión e emoción polo seu uso diario.

xoves, 24 de outubro de 2013

MÁIS VOCABULARIO DA CASA

Bos días! Seguimos traballando as partes da casa, esta vez a través desta páxina, que nos ensina as súas dependencias, e os obxectos que atopamos en cada unha delas, para así aprender a gardar cada cousiña no seu lugar!! E unha vez na casa, a poñelo en práctica, que é o que máis nos gusta!!

Clicade na imaxe e... a xogar e aprender!

mércores, 23 de outubro de 2013

OBXECTOS DA CASA E DO COLE

Seguimos traballando vocabulario da casa, agora combinándoo con vocabulario referido ao colexio.

cole-casa




Para clasificar os obxectos segundo os atopemos na casa ou no cole, gústanos moito traballar con estes taboleiros:

luns, 21 de outubro de 2013

A SEÑORA "M"

Estes días toca coñecer á señora m e traballar un pouquiño con ela. Así que aquí van uns vídeos para establecer un primeiro contacto:

Canción "La señora de la montaña"


Conciencia fonolóxica: ma, me, mi, mo, mu


"EL Show de Cuello: más Emes"

venres, 18 de outubro de 2013

LETRA U

Leyla achéganos a última das vogais, o rei U:

UN


UNICORNIO


UVAS


Así que un saúdo para todos: raíña a, príncipe e, princesa i, princesa o e rei u. Aprendemos moito con vós!!

martes, 15 de outubro de 2013

LETRA "O"

Últimas vogais. Con Edu repasamos palabras que comezan por "o":

OVELLA


OSO


OLLO


ORANGUTAN

venres, 11 de outubro de 2013

ADIVIÑA, ADIVIÑA

Hoxe Uxía déixanos esta adiviña, para que exercitemos a mente un pouquiño!!

arquiña pechada
que ten que comer,
e no mundo enteiro
non hai carpinteiro
que a poida facer.


Unha axudiña: recordade que estamos no outono!!

Alguén se atreve a dar unha resposta??

LETRA "I"

Seguimos coñecendo as vogais! Hoxe tócalle á princesa i:

INDIO


IGLU


IGREXA


IGUANA

luns, 7 de outubro de 2013

LETRA "E"

Quenda de Edu e das palabras que comezan coa letra E. Mirade, mirade!!

ESTOXO


ELEFANTE


ESTRELA


ESQUIO

venres, 4 de outubro de 2013

UNHA POESÍA PARA O OUTONO

Uxía dedícalle esta poesía ao outono:

os paxaros marchan
buscando calor,
as follas caen
e cambian de cor,
o dia e mais curto
e quenta pouco o sol,
cogumelos e uvas
que ricos son.

UXIA

xoves, 3 de outubro de 2013

LETRA "A"

Bos días!! Hoxe Leyla escríbenos palabras que comezan coa letra A. Aí van:

ABELLA


ARAÑA


AVION


ARBORE

martes, 1 de outubro de 2013