mércores, 26 de febreiro de 2014

ANTROIDO

Xa chegou o antroido á aula de Mafalda!! Mirade qué guapas puxemos ás nosas siluetas:

martes, 25 de febreiro de 2014

APRENDEMOS NÚMEROS

Bos días!
Hoxe empezamos o día xogando coas mates. Compartimos unhas fichas para combinar cun traballo máis manipulativo, como o amosado na anterior entrada.

Para empezar, escribimos con letra o nome dos números:

Numeros 1 a 10 by slrey



Agora, comparamos cantidades, buscamos números maiores e números menores:

Mayor Menor Contar by slrey



Por último, unha ficha que nos encanta, xa que nela temos que pegar pegatinas!!! En cada caso, unha pegatina co número anterior e outra co seguinte:

Numero Anterior Siguiente by slrey



Se é que traballamos un lote!!

sábado, 22 de febreiro de 2014

DO 11 AO 19

Esta semana Edu estivo xogando cos números do 11 ao 19:
-ordenándoos.
-buscando o anterior e o seguinte.
-separando os maiores dos menores.
-...

Mirade qué ben o pasou!

venres, 21 de febreiro de 2014

martes, 18 de febreiro de 2014

mércores, 12 de febreiro de 2014

NÚMEROS 1 E 2

Hoxe estivemos xogando cos números 1 e 2: Ruth tiña que atopar todos os números 1 que había, e a Carlos tocoulle buscar os números 2. Ademais, intentamos poñer os nosos dediños para dicir 1 e 2.

Este foi o resultado:

domingo, 9 de febreiro de 2014

MEDIOS DE TRANSPORTE

A próxima unidade a traballar será sobre os medios de transporte. Así que aquí deixamos algunhas páxinas nas que aprender un montón de información acerca deles (clicade nas imaxes para acceder):





venres, 7 de febreiro de 2014

REFRÁN

Vendo as inclemencias do tempos, Uxía opta por escribirnos este refrán:

DO MES DE XANEIRO EN DIANTE
O INVERNO É CONSTANTE.

luns, 3 de febreiro de 2014