venres, 30 de xaneiro de 2015

PAZ

Hoxe é un día moi importante, un día no que a paz é a súa principal protagonista.
Por iso, decoramos o colexio con motivos que reivindican a paz.



Ademais, tamén imos cantar unha canción moi chula.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

PREPARAMOS A PAZ

Aínda que a paz é algo que debe estar presente todos os días do ano, esta semana é a protagonista.
Para traballala imos empezar compartindo este material:

PAZ- Quebracabezas e Contar Pombas by slrey



PAZ-- poema by slrey



PAZ- Pintura de Dedos Branca by slrey



PAZ Ordear Numeros by slrey



PAZ Motricidade Fina by slrey




PAZ-- Arriba e Abaixo by slrey

domingo, 25 de xaneiro de 2015

A SEMANA DE EDU

Para aprender requetebén os días da semana, Edu fixo este libriño de uso diario:



Na súa elaboración aproveitamos para traballar
-Lectura e escritura.
-Motricidade fina (recortado e pegado).
-Días de semana (ordenándoos antes de xuntalos no anel).

venres, 23 de xaneiro de 2015

LEMOS NA TABLET

Hoxe achego este material que elaborei de forma personalizada para diferentes nenos e nenas, segundo o que está traballando cada un.
Como elemento motivador, utilizámolo para ler na tablet:









xoves, 15 de xaneiro de 2015

FRÍO INVERNO

O inverno xa chegou!!
Neve, choiva, vento,...
Aula decorada polos nosos artistas!!



luns, 12 de xaneiro de 2015

domingo, 11 de xaneiro de 2015

LEMOS E COMPRENDEMOS

Este trimestre un dos nosos compañeiros vai a lograr algo súper importante e súper emocionante. Comezará a ler oracións sinxelas!... e, non só iso, será capaz de expresar e comentar o que le de forma autónoma e moi moi ben.

Amosamos un traballo elaborado especialmente pensando nel e en todos os logros que está conseguindo grazas a tanto esforzo.

Unir Oraciones Iguales by slrey



Contar Palabras by slrey



comprension oraciones by slrey



completar oraciones by slrey



asociar dibujo oración by slrey