xoves, 30 de outubro de 2014

CHEGOU O SAMAÍN

Mirade cómo celebramos o Samaín!!

1- Fixemos pantasmas de papel terroríiiiificas:





2- Decoramos as portas con motivos do Samaín



3- Pensamos e escribimos acerca do Samaín




4- Escribimos adiviñas do Samaín:

A adiviña que escribe Edu:

UNHA SABA   BRANCA
QUE  VOA  POLA  NOITE,
UHH QUE MEDO!

A adiviña que escribe Uxía:

REDONDIÑA E LARANXA,
SEN BRAZOS E SEN PERNAS.
DENDE A SÚA CASA NA HORTA,
NO SAMAIN VÉN DE VISITA.

mércores, 29 de outubro de 2014

PREPARAMOS O SAMAÍN

Bos días!
Hoxe deixamos dúas páxinas a través das que traballar a festividade do samaín (coma sempre, clicar nas imaxes para acceder):


martes, 28 de outubro de 2014

POEMA DO OUTONO

VÉN ONDA NÓS O OUTONO

VÉN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO  DO  AIRE,
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA SE ABREN.

SINTOO CHEGAR  CONTENTO
 DA   LONGA  VIAXE ,
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS
ESTREANDO FRIAXE.





luns, 27 de outubro de 2014

XORNADAS ESCOLA INCLUSIVA

Hoxe compartimos información das xornadas "Escola Inclusiva. Por unha escola que responda ás necesidades de todos", organizadas esta fin de semana pola asociación
e nas cales contaron coa colaboración de

*Clicar nas imaxes para acceder a información destas asociacións

No intento de compartir con todos a información recibida por todos os profesionais participantes, achegámosvos o seguinte:

1) TODOS e TODAS temos fortalezas e debilidades. Así que na escola debemos beneficiarnos das fortalezas de todos os nenos e nenas.

2) Debemos ter en conta que os nenos e nenas con TDA-H presentan dificultades para concentrarse (cando non se está traballando sobre temas do seu interese), motivo polo cal pasarán a atender a calquera estímulo, así como para a autorregulación emocional (o que debemos ter en conta á hora de entender o por qué das súas accións e/ou comportamento).

3) Cando contamos nas aulas con nenos e nenas con Síndrome de Asperger debemos seguir certas estratexias coas que estaremos beneficiando, non só a estes alumnos/as, senón que tamén ao resto de compañeiros/as:
-Organizar e definir (con apoios visuais) tanto os espazos como os tempos da aula.
-Facilitar a comunicación cole-casa mediante o uso de axendas (ensinándolle previamente cómo utilizalas).
-Nos exames, utilizar preguntas cerradas e concretas con ordes claras, priorizando de ser preciso os exames orais.
-Traballar explicitamente normas sociais.
-Organizar actividades estructuradas para os recreos e, de ser posible, contar cun monitor/a para estes momentos/as así como compañeiros/as axudantes.
-Ante situacións especiais, presentarllas con anticipación, e ofrecerlle claramente a estructura destas novas actividades.

4) Cando contamos con un alumno ou alumna con TEL, teremos en conta entre outros os seguintes aspectos:
-Utilizar apoios visuais e adaptar a linguaxe para que sexa máis sinxelos (falar despacio, favorecer o contacto visual,...)
-Asegurarnos sempre que nos está comprendendo.
-Acompañar a lectura con debuxos.
-Etc.

5) No que respecta á dislexia ter en conta que, para falar dela, debe existir un CI normal ou alto, non haber alteracións sensoriais nen emocionais de base, e estar escolarizados. Este alumnado presentará necesidades en aspectos como: ortografía, comprensión verbal, expresión oral pobre, lectura, esquema corporal e psicomotricidade, entre outros.

6) Cando nunha aula temos escolarizado un alumno/a con altas capacidades, e dependendo da singularidade de cada alumno/a, a proposta de intervención irá encamiñada a un programa de enriquecemento, no que se poderán incluír actividades exploratorias xerais, actividades de entrenamento en grupo ou actividades co-curriculares máis complexas.

A modo de resumo, e de forma moi simplificada, esta foi a información recollida durante a duración destas xornadas, que esperemos sexa de interese e utilidade para todos os membros da comunidade educativa.

mércores, 22 de outubro de 2014

XOGOS COS NÚMEROS

Uxía e Edu estiveron xogando cos números, ordeándoos de menor a maior e de maior a menor:

Tamén contamos de 10 en 10!

martes, 14 de outubro de 2014

LECTURA CON "LIM"

Para todos aqueles que estamos comezando a ler, podemos atopar aquí diferentes actividades para seguir aprendendo e coñecendo letras.

Clicando nas imaxes, imos traballar con estas letras:

LETRA L


LETRA P


LETRA M

xoves, 9 de outubro de 2014

BONECO DE PLASTILINA

Esta semana amosamos todas as nosas dotes artísticas.
Como estamos aprendendo as partes do corpo humano atrevémosnos a crear os nosos propios bonecos de plastilina.
Mirade qué bonito resultado!

martes, 7 de outubro de 2014

CLASIFICACIÓNS

Amosámosvos esta táboa para traballar as clasificacións semánticas, neste caso traballando con tarxetas-palabras, aínda que tamén a utilizamos para clasificar tarxetas-imaxe.

domingo, 5 de outubro de 2014

UN CONTO DE OUTONO

Con Caillou imos aprender un conto de outono. Orellas e ollos moi abertos!



*E neste enlace podedes atopar un montón de fichas sobre o outono.