luns, 27 de outubro de 2014

XORNADAS ESCOLA INCLUSIVA

Hoxe compartimos información das xornadas "Escola Inclusiva. Por unha escola que responda ás necesidades de todos", organizadas esta fin de semana pola asociación
e nas cales contaron coa colaboración de

*Clicar nas imaxes para acceder a información destas asociacións

No intento de compartir con todos a información recibida por todos os profesionais participantes, achegámosvos o seguinte:

1) TODOS e TODAS temos fortalezas e debilidades. Así que na escola debemos beneficiarnos das fortalezas de todos os nenos e nenas.

2) Debemos ter en conta que os nenos e nenas con TDA-H presentan dificultades para concentrarse (cando non se está traballando sobre temas do seu interese), motivo polo cal pasarán a atender a calquera estímulo, así como para a autorregulación emocional (o que debemos ter en conta á hora de entender o por qué das súas accións e/ou comportamento).

3) Cando contamos nas aulas con nenos e nenas con Síndrome de Asperger debemos seguir certas estratexias coas que estaremos beneficiando, non só a estes alumnos/as, senón que tamén ao resto de compañeiros/as:
-Organizar e definir (con apoios visuais) tanto os espazos como os tempos da aula.
-Facilitar a comunicación cole-casa mediante o uso de axendas (ensinándolle previamente cómo utilizalas).
-Nos exames, utilizar preguntas cerradas e concretas con ordes claras, priorizando de ser preciso os exames orais.
-Traballar explicitamente normas sociais.
-Organizar actividades estructuradas para os recreos e, de ser posible, contar cun monitor/a para estes momentos/as así como compañeiros/as axudantes.
-Ante situacións especiais, presentarllas con anticipación, e ofrecerlle claramente a estructura destas novas actividades.

4) Cando contamos con un alumno ou alumna con TEL, teremos en conta entre outros os seguintes aspectos:
-Utilizar apoios visuais e adaptar a linguaxe para que sexa máis sinxelos (falar despacio, favorecer o contacto visual,...)
-Asegurarnos sempre que nos está comprendendo.
-Acompañar a lectura con debuxos.
-Etc.

5) No que respecta á dislexia ter en conta que, para falar dela, debe existir un CI normal ou alto, non haber alteracións sensoriais nen emocionais de base, e estar escolarizados. Este alumnado presentará necesidades en aspectos como: ortografía, comprensión verbal, expresión oral pobre, lectura, esquema corporal e psicomotricidade, entre outros.

6) Cando nunha aula temos escolarizado un alumno/a con altas capacidades, e dependendo da singularidade de cada alumno/a, a proposta de intervención irá encamiñada a un programa de enriquecemento, no que se poderán incluír actividades exploratorias xerais, actividades de entrenamento en grupo ou actividades co-curriculares máis complexas.

A modo de resumo, e de forma moi simplificada, esta foi a información recollida durante a duración destas xornadas, que esperemos sexa de interese e utilidade para todos os membros da comunidade educativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario