xoves, 19 de decembro de 2013

E CHEGOU O NADAL

Case sen decatarnos xa estamos preparando as actuacións para o festival do Nadal. E antes, claro está, temos que decorar o centro para a ocasión:

-O primeiro foi buscar unhas letras ben chulas para felicitar estas datas.

-Seguindo a tradición non podía faltar unha árbore do Nadal. Como estamos traballando as partes do corpo, atrevédesvos a crear unha árbore utilizando algunha parte? Pois claro!

-Pero unha árbore non é do Nadal se non ten algún bonequiño. Gustounos moito este de Papá Noel:

Mirade o resultado! Gústavos?

E, por último, todos os nenos e nenas que participamos neste blog desexámosvos un BO NADAL!!

martes, 17 de decembro de 2013

CONCEPTOS ESPACIAIS I

Bos días! Hoxe presentamos unha ficha para realizar un repaso xeral dos conceptos espaciais traballados, antes de marchar de vacacións.
Xa veredes que sinxela!

conceptos espaciales by slrey

domingo, 15 de decembro de 2013

CLASIFICAR

Esta semana nunha das actividades estivemos repasando vocabulario referido a prendas de vestir e a alimentos.

Moi atentos, e nós soíños, tiñamos que clasificar cada imaxe na categoría correspondente.

Pouco a pouco, fomos colocando cada tarxeta no lugar adecuado.

Foi unha actividade realizada co máximo grado de autonomía (a profe íanos recordando pouco a pouco que tiñamos que estar moi atentos, e pensar se a imaxe se refería a algo de comer ou a algunha prenda de vestir). Pero, ademais de autonomía, outros obxectivos eran a atención (para realizar a actividade correctamente) e o razoamento (porque nós sós tiñamos que decidir en qué lugar colocar cada pictograma).

mércores, 11 de decembro de 2013

FIGURAS XEOMÉTRICAS

Hoxe amosámosvos un material realizado por nós (aínda que copiado de algunha idea vista nisto da "rede"). Non podemos dicir o lugar exacto, porque xa fai algún tempo que nos quedou rondando na cabeciña.
Trátase dun pequeno panel no que colocar diferentes figuras xeométricas, que no noso caso utilizamos con dúas finalidades:
1-Aprender o nome das figuras, recoñecelas e diferencialas.
2-Actividade lúdica de descanso e/ou recompensa, xa que nos gusta moito!

Amosamos agora algunhas imaxes:

Qué ben o pasamos!

luns, 9 de decembro de 2013

HOMENAXE

Hoxe, homenaxe a un grande, que nos ensinou que é posible facer deste un MUNDO MELLOR. Tan só hai que QUERER.

domingo, 8 de decembro de 2013

LECTURA INICIAL I

Hoxe toca amosar un material realizado coa finalidade de facilitar o inicio na lectura (en lingua castelá).
Está elaborado coas palabras elixidas de forma conxunta entre as profes que estamos a traballar con este alumno:
-Para a lectura coa letra M: "la cama, la mesa, el mimo, la moto y la mula".
-Para a lectura coa letra P: "la sopa, la pera, la pipa, el sapo y el puma".
-Para a lectura coa letra L: "la mula, la leche, la lima, el loro y la luna".

lectura P by slrey



Lectura M by slrey



lectura L by slrey




venres, 6 de decembro de 2013

LEMOS E COMPRENDEMOS

Tanto traballo diario comeza a dar os seus froitos. Pasiño a pasiño imos avanzando nisto da lectura, e así cada vez podemos ler historias máis fermosas.
Así que aquí deixámosvos unhas fichas coas que comezamos a ler de forma comprensiva:

Oraciones Iguales by slrey



comprensión de oraciones by slrey



completar oraciones by slrey



Coa finalidade de facilitar a lectura e a comprensión, neste caso están en lingua castelá, lingua materna da alumna coas que están a ser traballadas.


martes, 3 de decembro de 2013

sábado, 30 de novembro de 2013

VESTIMOS AS NOSAS SILUETAS

Como xa vos dixemos, despois de facer as nosas siluetas con moita man, non podían quedar así. Convertímosnos por un tempo en modistas, para vestilas e deixalas ben fermosas.

En primeiro lugar, levámolas á perruquería e a mercar uns zapatos:


Despois de estar calzadas e ben peiteadas, puxémoslles as súas mellores galas. Mirade qué guapas nos quedaron!


venres, 29 de novembro de 2013

UXIA ESCRIBE:

O SAPO SAE AO SOL.

LOLA PEITEA O PELO.

TOMAS PESA OS TOMATES.

UXIA PASA A PELOTA.

xoves, 28 de novembro de 2013

O CORPO HUMANO

Estes días estamos coñecendo as partes do noso corpo: onde están, para qué nos serven, etc.

As novas tecnoloxías estannos axudando moito nesta aprendizaxe. Aquí van algúns dos nosos sitios preferidos:




Como somos tan traballadores, fixemos a nosa propia silueta, foi moi divertido!


Pero isto só foi o principio, quédanos moito por facer!!

luns, 25 de novembro de 2013

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para traballar a coeducación xa dende o inicio, aquí deixo unha páxina cuns fermosos poemas que lles encantarán aos máis peques do cole (clicar na imaxe):


E non esquecer:

xoves, 21 de novembro de 2013

CÍRCULOS GRANDES E PEQUENOS

Hoxe tocan conceptos básicos. Aproveitando que estivemos aprendendo as figuras con forma de círculo, agora ímolos clasificar en grandes e pequenos.

Como sempre material moi básico, apto para todos os tempos: círculos de diferentes tamaños (neste caso de goma eva) para poder manipular, e outros dous círculos debuxados no chan (un grande e un pequeno). Así o fixemos!

mércores, 20 de novembro de 2013

DÍA DA INFANCIA

A entrada de hoxe vai dedicada, como cada entrada de este blog, a todos os nenos e nenas, pero especialmente a aqueles que menos teñen, a aqueles que soñan espertos con levantarse pola mañá para ir a un lugar no que aprender e xogar, un lugar chamado ESCOLA, e que se imaxinan a eles mesmos como outro neno calquera que simplemente disfruta e vive con ilusión, saúde, unha familia e un teito que o abriga e o protexe.

Hoxe, dende o máis profundo do noso corazón, isto vai para todos eles e elas.

venres, 15 de novembro de 2013

xoves, 14 de novembro de 2013

O PANADEIRO "P"

Despois de facernos tan amigos da señora M, toca coñecer ao panadeiro do País das Letras:


http://www.youtube.com/watch?v=ee1hVVHOj6k

E pensar palabras con PA, PE, PI, PO e PU:



http://www.youtube.com/watch?v=CtniBJ3bHPU


E aproveitando que a cousa vai de vídeos, deixo este (atopado no blog ofogardetodos.wordpress.com), para que reflexionemos sobre a relación que temos nós, os maiores, cos máis cativos.

http://www.youtube.com/watch?v=WsxhD6p5p70

mércores, 13 de novembro de 2013

1, 2 e 3

Hoxe tocounos sesión de matemáticas. Estivemos xogando cos números 1, 2 e 3. Cando se trata de aprender todo vale, así que ante a falta de recursos máis vistosos, utilizamos: folios con números ben grandes para que nos chamen a atención e números de goma eva (estes gústannos moito, pois podemos collelos, tocalos, xiralos, ...).



O primeiro que fixemos foi mirar para os números do chan, e ir pasando por diante deles dicindo o seu nome (porque a todos nos gusta que se acorden de cómo nos chamamos).

Despois veu o máis divertido. Tiñamos que ir á caixa dos números e coller o que nos gustase máis (o 1, o 2 ou o 3). Mirabámolo con atención, diciamos o seu nome e colocabámolo no lugar correspondente no chan (moito ollo, colocándoo ben, porque á profe non lle valía pousalo de calquera maneira...)


E así fomos facendo ata colocar cada número no seu lugar.

Agora só nos quedaba contar obxectos. Decantámosnos por bonecos de papel, que quedaron así colocadiños: