martes, 29 de abril de 2014

XOGO CON PALABRAS

Hoxe Alejandro e Edu estiveron xogando coas palabras. Qué divertido!

Cada un tiña a súa columna de palabras no chan:

Os dous tiñan que estar moi atentos para escoitar a palabra que lles decía a profe, collela e levala para a súa mesa. Desta forma, pouco a pouco as tarxetas ían desaparecendo do solo e colocándose na mesa!!

*Neste caso, a calidade das imaxes é bastante mala, pero amosámolas a modo de exemplo e para dar ideas de que coas palabras tamén podemos xogar.

luns, 28 de abril de 2014

VERÁN E INVERNO

Deixámosvos este material, elaborado a base de pictogramas de ARASAAC, para aprender as diferencias entre o verán e o inverno.

Trátase dunha simple carpeta, da que utilizamos a parte esquerda para almacenar/gardar as imaxes, e a dereita para realizar a actividade (colocar cada imaxe no inverno ou no verán, segundo corresponda):




xoves, 24 de abril de 2014

RUTH PROTAGONISTA

Hoxe dedicámoslle o día a Ruth, que nos ensina cómo cada día pon o seu nome:

martes, 22 de abril de 2014

EDU LE

Tantas horas de traballo e esforzo ben merecen este resultado. Escoitade a este neno tan bo e traballador!!


luns, 21 de abril de 2014

ESTAMOS!

Mañá volvemos coas pilas cargadas

e con un montón de novas ideas!!

MANS Á OBRA!

mércores, 9 de abril de 2014

sábado, 5 de abril de 2014

venres, 4 de abril de 2014

ADIVIÑA

Leyla déixanos esta adiviña para que pensemos un pouquiño:
(unha pista: está relacionado coa estación do ano que acabamos de estrear)

VOA ENTRE AS FLORES
COAS SUAS AS DE CORES.
QUEN E?


A exercitar un pouquiño a mente!

xoves, 3 de abril de 2014

EMOCIÓNS

Este último trimestre comezamos traballando as emocións.
Aquí vai o primeiro material elaborado para o noso recuncho dos sentimentos:

1-Para identificar a alegría e a tristeza (rodeamos cada debuxo cun rotu)

2-Para buscar o neno contento, o triste e o enfadado:

E unha vez coñecido o material, comezamos a traballar!!

martes, 1 de abril de 2014

SERIES NUMÉRICAS

Hoxe Edu fixo series numéricas: ascendentes (subindo cara arriba) e descendentes (baixando cara abaixo).
Qué neno tan bo e tan traballador!!

A SUBIR!

A BAIXAR!

VOLVEMOS SUBIR!

E POR ÚLTIMO, BAIXAMOS DE NOVO!