xoves, 30 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da paz, realizamos diferentes actividades.

Para comezar, Leyla (coa axuda da profe) vainos escribir unha adaptación que fixemos ao galego do poema "Amigos de colores":

AMIGOS DE CORES
UNAMOS AS MANS.
NEGRO,AMARELO
MORENO, BRANCO.
UN GRAN ARCO DA VELLA
ENTRE TODOS FORMAMOS.

Outras actividades que fixemos foron:

PINTAMOS AS MANS DE BRANCO, PARA DEIXAR AS NOSAS PEGADAS POLA PAZ


ABRÍMOSLLE A PORTA DA AULA Á PAZ

mércores, 29 de xaneiro de 2014

ESTAMOS ORGULLOSOS!!

Como mañá é o Día da Paz, hoxe deixamos a canción elixida polo cole para disfrutar da diversidade. Todos a CANTAR! "ser diferente es bueno y divertido"

domingo, 26 de xaneiro de 2014

LECTURA SILÁBICA I

Comparto material para o inicio da lectura silábica en lingua castelá.
Palabras traballadas: "la cama, la mesa, el mimo, la moto, la mula".

m-silabica-1 by slrey



m-silabica-2 by slrey



m-silabica3 by slrey



m-silabica-4 by slrey



m-silabica-5 by slrey



Silabas Palabras by slrey

mércores, 22 de xaneiro de 2014

SILUETA HUMANA

Hoxe deixamos unha mostra das nosas dotes de artistas! Despois de tanto traballar as partes do corpo, queremos debuxar. Mirade o resultado!



Ademais, con cartón e ironfix fixemos un panel de debuxo que nos encanta :D

luns, 20 de xaneiro de 2014

MAMÁS

Hoxe queremos dedicar esta entrada a todas as mamis do mundo mundial!
(Grazas Isa por compartir estas letras tan fermosas)

"Quen é a túa mamá?

-Mamá é esa señora que leva no bolso un panos cos meus mocos, un paquete de toalliñas, un chupete e un cueiro de emerxencia.

-Mamá é ese foguete tan rápido que vai pola casa disparado e que está en todas as partes ao mesmo tempo.

-Mamá é esa malabarista que pon lavadoras co abrigo posto mentres lle abre a porta ao gato coa outra man, sostendo o correo coa barbilla e apartándome do caldeiro do lixo co pé.

-Mamá é esa maga que pode facer desaparecer bágoas cun bico.

-Mamá é esa forzuda capaz de coller nun só brazo os meus 15 kilos mentres co outro guía o carro da compra.

-Mamá é esa campeona de atletismo capaz de chegar en décimas de segundo de 0 a 100 para evitar que caia polas escaleiras.

-Mamá é esa heroína que vence sempre os meus pesadelos cunha caricia.

-Mamá é esa señora co pelo de dúas cores, que di que en canto teña un pouco de tempo, só outro, vai á perruquería.

-Mamá é ese contacontos que le e inventa as historias máis divertidas só para min.

-Mamá é esa chef que é capaz de facerme unha cea riquísima con dúas tonterías que quedaban na neveira porque se esqueceu mercar, aínda que ela queda sen cea.

-Mamá é esa médica que sabe con só mirarme se teño febre, canta, e o que ten que facer.

-Mamá é esa economista capaz de poñerso a roupa de fai centos de anos para que eu vaia ben guapo.

-Mamá é esa cantante que todas as noites canta a canción máis doce mentres me adormece.

-Mamá é esa paiasa que fai que me parta de risa con só mover a cara.

-Mamá é esa somnámbula que pode levantarse dormida ás 4 da mañá, mirar se fixen pis, cambiarme o cueiro, darme o xarope para a tose, un pouco de auga, poñerme o chupete, todo ás escuras e sen espertar.

-Vela? É aquela, a máis fermosa, a que está rindo, ...Ti!"

Para todas as nais. Para a miña, para a túa e para a súa. A vida non existiría sen as nosas mamás!

venres, 17 de xaneiro de 2014

ADIVIÑA

Uxía escríbenos esta adiviña para que pensemos e pensemos:

UN HOME MOI BRANCO
NO MEDIO DO FRIO
QUE CANDO SAE O SOL
CONVERTESE NUN RIO.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

APRENDEMOS QUE...

Hoxe Leyla e Edu vannos dicir canto saben do inverno. Atentos!

LEYLA: O INVERNO COMEZA EN DECEMBRO E REMATA EN MARZO.

EDU: NO INVERNO VAI MOITO FRIO.

luns, 13 de xaneiro de 2014

O INVERNO

Coa chegada do inverno, novas actividades e novos xogos! :

Inverno 1 by slrey



Clica nas imaxes para mergullarte en novas aprendizaxes:




domingo, 12 de xaneiro de 2014

MENSAXE :D

Para rematar unha semana de reencontros e comezar outra nova chea de desafíos, retos e momentos apaixonantes coma os que se viven no día a día dun colexio, os nenos e nenas deste blog queremos deixar unha mensaxe para todos os mestres e mestras:

sábado, 11 de xaneiro de 2014

O CORPO HUMANO II

Para non esquecer as partes do noso corpo, imos xogar un pouco con estes paneis!:



mércores, 8 de xaneiro de 2014

VOLVEMOS!

Mañá comezamos o 2º trimestre e xa temos todo ben preparadiño.
Un dos contidos cos que imos traballar van ser as decenas. Así que aquí vos deixamos algo de material para manipular, xogar, compartir e aprender:

UNIDADES:


E DECENAS:


Todo moi sinxelo, elaborado con goma eva.

E para interiorizar ben todo o que imos aprender:

Decena by slrey