venres, 27 de maio de 2016

ATA PRONTO

Desta vez toca dicir ata pronto. Un adeus anticipado e máis longo que normalmente, pero cheo de ilusión.
Porque chegou a hora de disfrutar de novas ilusións, de sorrirlle aos novos camiños que se abren diante de nós.
E, por suposto, sempre acordándome das miñas pequenas e marabillosas PINGAS DE CORES. A elas, e a todos os nenos e nenas, dedícolles esta imaxe coa que me despido:


Pois eso, maiores e pequenos: A SOÑAR!

xoves, 5 de maio de 2016

A AVENTURA DOS MUÍÑOS

Na entrada do día 11 de abril xa ensinamos algún material que iamos utilizar con motivo do Día e da Semana do Libro.
Pois ben, hoxe queremos amosarvos algún resultado, aquel que contén a nosa vea máis artística: a nosa representación gráfica da "Aventura dos Muíños":




domingo, 1 de maio de 2016

SÍLABAS INVERSAS

Para traballar a lectura das sílabas inversas, elaboramos esta sinxela actividade que, combinada coa utilización da Tablet, nos resulta moi atractiva. Así, cada día dedicamos uns cantos minutos á construcción de palabras con sílabas deste estilo:


Estas sílabas en concreto, usámolas para crear palabras a partir destas imaxes:

Estas imaxes utilizámolas coa tablet, de xeito que o alumno/a pode elixir cal quere facer primeiro:


luns, 25 de abril de 2016

IDEAS CON PROBLEMAS

A tarefa de realizar problemas pode ser moi cansa, pero sempre atopamos a forma de volvela máis atractiva.
Neste caso, escribimos cada problema en tarxetas, que cada alumno/a podía elixir libremente (iso si, hai que ir colléndoas todas para resolver todos os problemas):


Como podedes ver, os problemas tamén nos sorrín a nós, como forma de dicirnos que son os nosos compañeiros!


Ademais, como estamos traballando as porcentaxes e a regra de tres, escribimos estas "pistas" na pizarra, para ter moi presente cómo debemos resolvelos:

sábado, 16 de abril de 2016

Y-, LL- o HIE-?

Para aprender a recoñecer e diferenciar se determinadas palabras comezan coa letra Y, co dígrafo LL ou con HIE, realizamos esta sinxela actividade, para a que unicamente precisamos:

  • Tarxetas grandes con estas letras.
  • Tarxetas pequenas con palabras que comecen con estas letras.
  • Tarxetas que nos indiquen un número determinado de palabras (estas últimas para a segunda parte da actividade).

O xogo consiste no seguinte (neste caso, realizámolo con dous alumnos/as):
  • O alumno A colle unha tarxeta-palabra e lea en voz alta. O alumno B debe dicir en qué tarxeta-letra a ten que colocar. E viceversa, ata que coloquemos todas as tarxetas.


  • Na segunda parte, cada alumno escolle unha tarxeta-palabra e outra tarxeta-número. Deberá construir e escribir unha oración que conteña a palabra indicada e co número de palabras que nos di a tarxeta.

luns, 11 de abril de 2016

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Neste ano 2016 celebramos o 400 centenario da morte de Miguel de Cervantes. Isto quere dicir que fai 400 anos faleceu o escritor da importante obra "Don Quijote de la Mancha".

Aproveitando esta conmemoración e a próxima celebración da Semana do Libro, durante o mes de abril imos realizar varias actividades nas que coñeceremos ao intrépido personaxe Don Quijote.

As actividades consistirán en:

-Reescritura e comprensión escrita da introdución e presentación de Don Quijote:

Quijote Separar Oraciones by slrey




-Audición e comprensión oral da aventura dos muíños:


Comprensión Audición Quijote by slrey



sábado, 9 de abril de 2016

PALABRAS NA PRIMAVERA

Para crear un ambiente primaveral, decidimos deseñar un mural con palabras que nos inspira a primavera.
E este é o resultado!:

venres, 8 de abril de 2016

UNIDADES DE LONXITUDE

En 4º de Primaria estamos aprendendo as unidades de lonxitude.

Para quedarnos ben coa conversión, utilizamos un material "Velleda", que consiste en:

  • Escribir o nome de cada unidade de medida:


  • Escribir a súa abreviatura:


Ademais, tamén xogamos con tarxetas, que temos que ordenar sen mirar por ningún modelo:


luns, 14 de marzo de 2016

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano, para conmemorar o día internacional da muller, no noso colexio decidimos traballar a Rosalía de Castro, muller tan relevante na nosa literatura. Por iso, os alumnos e alumnas de Pingas de cores, imos analizar o poema "Dende aquí vexo un camiño" (previamente adaptado ao noso estilo de aprendizaxe):



Tamén compartimos o seu recitado. Esperamos que o disfrutedes!

martes, 23 de febreiro de 2016

DOMINÓ DE SUMAS

Quen dixo que o cálculo é aburrido?

Estes días tocou xogar co dominó de sumas! Pasouse o tempo voando!!

venres, 19 de febreiro de 2016

DITADO DE NÚMEROS

Para traballar o dictado de números sen que se nos faga demasiado pesado, sempre estamos buscando diferentes actividades.
Nesta ocasión, a actividade consistiu en algo moi sinxelo. Simplemente elaborando unha plantilla cos ocos para escribir cada número, que unha vez impresa (en folios de cores, para resultar máis atractiva) e colocada nunha funda plástica, se utiliza con rotuladores Velleda:

dictado numeros by slrey



E así se desenvolveu a actividade:
1) Escribimos os números que dictou a profe (cada un tiñamos un rotulador dunha cor):

2) Intercambiamos os rotuladores para realizar a corrección (ibamos lendo e dicindo de un en un os números que tiña escritos a profe, e comparándoos cos que escribimos nós):

mércores, 17 de febreiro de 2016

ALOUMIÑOS

A entrada de hoxe vai dedicada a unha iniciativa, a unha asociación (Asociación Aloumiños), a un grupo de persoas que traballan desinteresadamente polos dereitos de todos, porque "nacemos para ser felices, non para ser perfectos" (clicar na imaxe para acceder ao Blogue de Aloumiños).

luns, 15 de febreiro de 2016

FRACCIÓNS EQUIVALENTES

Hoxe compartimos uns enlaces para practicar o traballo con fraccións equivalentes. Esperamos que o pasedes ben xogando e aprendendo!!



sábado, 6 de febreiro de 2016

LEMOS ORACIÓNS CON G-GU

Compartimos este material elaborado para traballar a lectura e o recoñecemento de palabras coas sílabas ga, gue, gui, go e gu. As palabras importantes están marcadas en negriña (e veñen acompañadas de dous debuxos, un correcto e un incorrecto, para interiorizar ben a asociación da palabra coa imaxe).

Lectura g - gu by slrey

luns, 1 de febreiro de 2016

RAZOAMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO

Comezamos febreiro dándolle ao "coco"!!!
Compartimos este enlace, onde podemos traballar o razoamento lóxico de forma moi entretida e divertida. Esperamos que vos guste! (clicar na imaxe para acceder ao xogo e...a aprender xogando!)

sábado, 30 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Para celebrar o Día da Paz e a Non Violencia, os alumnos e alumnas de Pingas de Cores fixemos varias actividades:

1- A Pomba da Paz, chea das nosas definicións da paz. "A Paz é..."



2- Diferentes poemas da paz, uns adaptados e outros de colleita propia. Esperamos que vos cheguen ao corazón!

mércores, 27 de xaneiro de 2016

DO 100 AO 119

Este mes comezamos a traballar coa centena! Que xa son 100!
Para entender ben o concepto, realizamos distintas actividades coas que manipulamos os números e as unidades, decenas e centenas. Compartimos algunhas imaxes:


Con este material buscamos aprender a escribir e ordenar estes números:

Nesta actividade tiñamos que crear cada número, utilizando as unidades, decenas e centenas adecuadas: