xoves, 24 de decembro de 2015

FELICES FESTAS

As nenas e nenos de "pingas de cores" desexamos que pasedes unhas moi felices festas.
E, ademais, deixámosvos unha pirámide de palabras positivas para que vos acompañen nestes días e durante todo o ano:



domingo, 13 de decembro de 2015

CONTO DO NADAL I

Para comezar a celebrar estas festas que se achegan, os nenos e nenas que crean Pingas-de-cores, vannos contar os seus propios contos do Nadal.

A actividade, consistiu no seguinte: presentábaselles un modelo de conto ao que lle faltaban partes, que terían que completar coas súas ideas (previamente tamén tiñan a posibilidade de ver un exemplo xa cuberto). Compartimos para todos o modelo que utilizamos para crear o conto:

o Meu Conto Do Nadal by slrey



Dito isto, comezamos cos nosos primeiros contos do Nadal, esperando que os disfrutedes tanto como nós disfrutamos do proceso de creación.


xoves, 3 de decembro de 2015

CAPACIDADES

Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade ou, como prefiro chamalo, das persoas con capacidades diversas. Porque, ao fin e ao cabo, todos temos capacidades que nos fan ser nós e puntos máis débiles que nos fan precisar dos demais.
Quen non necesitou axuda para algo? E isto é o que nos demostra este conto, unha historia na que vemos moi claramente cómo todos temos sempre algo que aportar e algo que aprender.


sábado, 28 de novembro de 2015

BUS DA DECENA

Hoxe compartimos un material elaborado para traballar o concepto de decena (idea vista e tomada prestada de outros blogs):


Trátase dun bus que só se pon en marcha cunha decena de nenos:

Desta forma, ademais de aprender que unha decena son dez, tamén contamos:
-canto lle falta a cada número para chegar a 10 (cando o bus non está completo).
-canto é 10+1, 10+2, etc. (cando non collen todos os nenos dentro do bus).

E, engadindo máis buses, traballamos 2 decenas, 3 decenas, etc.

Pero non só serve para a área de matemáticas. Tamén aproveitamos este bus para debuxar a figura humana (que será o conductor, utilizando un rotulador Velleda) e traballar as emocións (pois os nenos que se suben nel están tristes, contentos, enfadados, etc.)

domingo, 22 de novembro de 2015

O CADERNO DA DECENA

Hoxe compartimos un material elaborado para traballar o reconto de dez elementos (e así formar decenas). Á hora de deseñalo, partimos dos intereses dos alumnos cos que se vai a utilizar, neste caso, os medios de transporte:



venres, 20 de novembro de 2015

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO

Hoxe é un día moi especial. Un día de reflexionar e de acordarnos de xeito especial de todos os nenos e nenas que viven nun mundo máis difícil que o noso, un mundo que parece non querer deixarlles ser nenos.
Ese mundo, non debería de existir.
Pensando neles, compartimos esta canción:



https://www.youtube.com/watch?v=kSD_Vs6TaG0

mércores, 18 de novembro de 2015

INICIÁMOSNOS EN CÁLCULO MENTAL

Hoxe compartimos un material ideado para comezar a realizar operacións sinxelas de cálculo mental. Trátase de dous paneis (un para sumas e outro para restas) e tarxetas cos resultados destas operacións (para cada panel poño unha ou dúas tarxetas de máis, para poder traballar a autocorrección):



E agora deixámosvos unhas imaxes de cómo traballamos con este material.
*Nesta ocasión, para engadirlle tensión ao xogo, utilizamos unha conta atrás de 5 minutos para cada panel! Foi moi emocionante!!




venres, 13 de novembro de 2015

ANTÓNIMOS E SINÓNIMOS

Esta semana recordamos o que eran os antónimos e sinónimos.
O material moi sinxelo: unhas tarxetas con palabras sinónimas e outras con palabras antónimas, que debiamos clasificar no lugar adecuado:


E aquí a nosa explicación do que son antónimos e sinónimos:

xoves, 12 de novembro de 2015

ÁRBORE NUMÉRICA

Quen dixo que os números só servían para contar?

Hoxe utilizámolos para decorar unha árbore de outono e darlle máis cor á aula de Pingas de Cores.
Para iso, utilizamos esta ficha (no noso caso, as follas imprimímolas nun folio verde, escribíndolle as cifras que queriamos traballar):

Hojas Otoño Menor Mayor by slrey



E este foi o resultado:


luns, 9 de novembro de 2015

O CONTO DE NOEMÍ (Parte 2)

Noemí continúa a contarnos o seu conto: 

Mercar roupa en tendas exclusivas .
Ter moitos amigos e amigas.
Ser moi boa.

Agora Noemi decidiu ser boa con todo o mundo.


sábado, 7 de novembro de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Esta semana celebramos o Magosto no cole cunha festa por todo o alto, na que degustamos montóns de castañas e pintamos as caras con cinza.

Pero, previamente á festa, houbo un gran traballo por parte dos alumnos e alumnas de Pingas de Cores, a través de distintas actividades. Aquí compartimos algunhas das fichas que realizaron, adaptadas e personalizadas a cada un deles:

A castañeira 1.pdf by slrey



A Castañeira 2 by slrey



Sudoku No Outono by slrey

xoves, 5 de novembro de 2015

ANALIZO O PROBLEMA

Hoxe Andrés e Víctor enfróntanse a este reto matemático: partindo desta operación combinada, teñen que crear un problema. A pensar!



3 x 2 + 10=


O problema de Andrés:
Para comer hay 3 platos con 2 filetes cada uno . Además se están haciendo otros 10 en la sartén. ¿cuántos filetes hay en total? 

O problema de Víctor:
Álvaro tiene 2 paquetes de galletas con 3 galletas cada uno y compró 10 galletas más ¿cuántas galletas tiene?

Alguén nos da a solución?

martes, 3 de novembro de 2015

O CONTO DE JORGE (Parte 2)

Jorge sigue escribindo o seu conto. Aquí a segunda parte:

Un día ,invitarono a ir a unha carreira nun rally, e quen gañara levaría o diñeiro que apostaron.


domingo, 1 de novembro de 2015

O SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, os nosos artistas de 1º e 2º deseñaron este mural, co que recibimos a Luis Vallecillo para un entretido concerto:


E, ademais, tamén traballamos con fichas nas que aprendemos moito desta data, adaptadas dependendo do nivel:

Samaín 1 by slrey



Samaín 2 by slrey



O samaín 3.pdf by slrey

domingo, 25 de outubro de 2015

DECORAMOS O OUTONO

Buscando darlle un pouco de cor á aula, deseñamos estas follas do outono para decorala:





E aquí, o modelo que utilizamos (impreso en folios coas cores do outono):

Do Outono Gústame by slrey

xoves, 22 de outubro de 2015

O CONTO DE JORGE (Parte 1)

Hoxe Jorge comeza a contarnos un conto:

Paul  é un  condutor  intrépido e  astuto, tanto  como  valente. Vive en Río de Janeiro cos seus amigos.



martes, 20 de outubro de 2015

luns, 19 de outubro de 2015

MENSAXES CON SORRISOS

Para comezar a semana ben contentos, compartimos estas imaxes que nos acompañan todos os días no corredor:



venres, 16 de outubro de 2015

DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA

Para traballar o valor posicional da cifra e a descomposición numérica, comezamos a utilizar este libro móvil:


A dinámica que seguimos:
1º) Escoitamos o número que nos di a mestra e escribímolo nun papel.

2º) Compoñer esa cantidade co libro móvil:

E aquí, compartimos a plantilla para a súa elaboración:

xoves, 15 de outubro de 2015

ESCRIBIMOS CON CORRECCIÓN

Para lembrar normas básicas na escritura, comezamos a decorar a aula con carteis recordatorios:





martes, 13 de outubro de 2015

LECTURA CON P E CON M

A profe e Diego estivemos ordenando unhas tarxetas con imaxes e nomes que comezaban coa p e coa m.

O primeiro que fixemos foi clasificar as tarxetas coas imaxes:


Unha vez atopadas todas as imaxes que empezaban por esas letras, buscamos os seus nomes: