venres, 25 de setembro de 2015

AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS

Cando chegaron á aula de apoio, Andrés e Víctor atopáronse con este montón de tarxetas:


A mestra díxolles: "tedes que organizar estas tarxetas en tres grupos". E eles dous, así de ben o fixeron:




Pois agora, a practicar! (clica nas imaxes para aprender xogando)



xoves, 24 de setembro de 2015

luns, 14 de setembro de 2015

QUERÉMOSVOS DICIR

Os nenos e nenas, despois dun longo verán, queremos dicirvos a vós (mamás, papás, mestras e mestres) que:

-Acabamos de pasar uns meses xeniais, con máis liberdade para xogar, horarios menos marcados, falta de rutinas... Por iso, tende paciencia connosco, porque aínda que volvemos ao colexio moi ilusionados, necesitamos un período de adaptación que nos facilite a volta ás rutinas diarias.

-Durante estes meses vimos menos aos nosos amigos e amigas e, despois de tanto tempo, temos un montón de aventuras que contarnos. Por iso, sede pacientes se non obedecemos ao primeiro aviso de silencio porque, aínda que queremos aprender novos e interesantes coñecementos, todas as historias que vivimos ao longo do verán están desexosas de saír polos nosos beizos e chegar aos oídos amigos.

-O verán é unha época de correr, saltar, bailar, brincar,... O noso aparello motor traballou tanto que a súa activación é máxima e, ao mellor, cústalle un pouco relaxarse para manterse ben sentado tantas horas seguidas. Por iso, perdoade se ao longo da mañá nos levantamos demasiadas veces para ir ao baño, pedirlle a cera a un compañeiro/a ou ir afiar os lápices, precisamos estes pequenos paseos durante uns cantos días para, pouco a pouco, reducir a actividade frenética á que estivo exposto o noso corpo de neno/a.

E, sobre todo, nunca esquezades que somos nenos e nenas e que, como tales, queremos aprender e divertirnos o máximo posible!

xoves, 10 de setembro de 2015

BENVIDOS

Un curso máis, a todos os nenos e nenas, BENVIDOS!!


E nun día coma hoxe, máis que nunca, acordarnos deses cativos que non teñen esta gran oportunidade de poder ir á escola, de poder ser nenos.

martes, 8 de setembro de 2015

OLIVER SACKS

Hoxe compartimos unhas palabras de Oliver Sacks, escritor e neurólogo que nos deixou o pasado 30 de agosto:

"Aunque el autismo es visto como una condición médica, también debería ser considerado como un modo de ser completo, una forma de identidad profundamente diferente."


mércores, 2 de setembro de 2015

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Hoxe ábrese o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar.
Clicar na imaxe para acceder á orde:

martes, 1 de setembro de 2015

O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS

Hola de novo e benvidos a setembro!

Hoxe é 1 de setembro e, aínda que os máis pequenos gozarán duns cantos días máis de vacacións, os mestres e mestras xa comezamos a organizar as aventuras que lles ofreceremos ao longo deste novo curso.

Ao igual que os cativos, tamén comezamos nerviosos e moi ilusionados, desexando nuns casos reencontrarnos e noutros coñecer a aqueles que serán durante os próximos meses os nosos compañeiros e compañeiras de xogos, aprendizaxes, risas e historias.

Gustaríame comezar este curso acompañada, ademais de por todos vós, por unha obra que seguro é moi coñecida por todos aqueles que un día fostes nenos e nenas:


Sen dúbida unha lectura recomendada non só para os nosos principiños e principiñas, senón que tamén para todos os adultos, para que nunca nos esquezamos do noso corazón de neno/a. Porque, e recordando a miña parte favorita da obra:

"-Adiós - dijo el zorro-. He aquí mi secreto. Es muy simple: no se ve bien sino con el corazón. Lo esencial es invisible a los ojos.
-Lo esencial es invisible a los ojos -  repitió el principito, a fin de acordarse."