luns, 20 de xaneiro de 2014

MAMÁS

Hoxe queremos dedicar esta entrada a todas as mamis do mundo mundial!
(Grazas Isa por compartir estas letras tan fermosas)

"Quen é a túa mamá?

-Mamá é esa señora que leva no bolso un panos cos meus mocos, un paquete de toalliñas, un chupete e un cueiro de emerxencia.

-Mamá é ese foguete tan rápido que vai pola casa disparado e que está en todas as partes ao mesmo tempo.

-Mamá é esa malabarista que pon lavadoras co abrigo posto mentres lle abre a porta ao gato coa outra man, sostendo o correo coa barbilla e apartándome do caldeiro do lixo co pé.

-Mamá é esa maga que pode facer desaparecer bágoas cun bico.

-Mamá é esa forzuda capaz de coller nun só brazo os meus 15 kilos mentres co outro guía o carro da compra.

-Mamá é esa campeona de atletismo capaz de chegar en décimas de segundo de 0 a 100 para evitar que caia polas escaleiras.

-Mamá é esa heroína que vence sempre os meus pesadelos cunha caricia.

-Mamá é esa señora co pelo de dúas cores, que di que en canto teña un pouco de tempo, só outro, vai á perruquería.

-Mamá é ese contacontos que le e inventa as historias máis divertidas só para min.

-Mamá é esa chef que é capaz de facerme unha cea riquísima con dúas tonterías que quedaban na neveira porque se esqueceu mercar, aínda que ela queda sen cea.

-Mamá é esa médica que sabe con só mirarme se teño febre, canta, e o que ten que facer.

-Mamá é esa economista capaz de poñerso a roupa de fai centos de anos para que eu vaia ben guapo.

-Mamá é esa cantante que todas as noites canta a canción máis doce mentres me adormece.

-Mamá é esa paiasa que fai que me parta de risa con só mover a cara.

-Mamá é esa somnámbula que pode levantarse dormida ás 4 da mañá, mirar se fixen pis, cambiarme o cueiro, darme o xarope para a tose, un pouco de auga, poñerme o chupete, todo ás escuras e sen espertar.

-Vela? É aquela, a máis fermosa, a que está rindo, ...Ti!"

Para todas as nais. Para a miña, para a túa e para a súa. A vida non existiría sen as nosas mamás!

1 comentario: