venres, 25 de outubro de 2013

"ACUARIO"

Esta semana tiven o pracer de disfrutar do espectáculo capitaneado por María Canosa, a través do cal achega a poesía e a lingua galega aos máis cativos cunha orixinal posta en escea que os deixa cautivados, e pódese dar fé diso polas risas e a participación que todos eles amosaron ao longo do espectáculo.


Grande profesional e mellor persoa, grazas por sementar na terra máis fértil o amor pola nosa lingua, polas nosas verbas e pola nosa cultura. Como galega, grazas por difundir a lingua que levamos tan dentro. Como mestra, grazas por amosarlle aos pequenos tanta ilusión e emoción polo seu uso diario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario