luns, 12 de maio de 2014

SÍNDROME DE ASPERGER

O pasado 10 de maio a profe e as ganas de seguir aprendendo viaxaron xuntas ás Xornadas que organizou en Ferrol a asociación Asperga, e nelas tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca as necesidades e vivenzas das persoas con Síndrome de Ásperger.

A modo de resumo, e co ánimo de compartir a información recollida, presentamos estes datos sinxelos e esquemáticos:


  • No Síndrome de Asperger poderemos atopar alteracións en tres ámbitos: nas relacións sociais, na comunicación e na flexibilidade mental e comportamental.
  • As primeiras sinais que poden facernos pensar en Ásperger poden estar referidas a: alteracións na adquisición da linguaxe; falta de contacto ocular; xogo solitario, repetitivo e non simbólico; movementos repititivos; carencia de intereses compartidos cos iguais; dificultade para aceptar os cambios; hipersensibilidade a ruídos/olores/sabores; intereses limitados; falta de coordinación motriz.
  • Ao igual todos, as persoas con Ásperger beneficiaranse dunha intervención personalizada e adaptada ás súas necesidades. Falando en termos xerais, esta intervención deberá ir enfocada a potenciar e traballar tres áreas:
    1. Habilidades sociais:
               Utilizar unha linguaxe explícita, explicarlle as normas sociais requeridas en cada contexto, ter en conta os puntos fortes e os débiles, ofrecerlle modelos adecuados de conduta, realizar actividades  grupais graduais, utilizar (en caso necesario) guións ou historias sociais, desenvolver talleres específicos de habilidades sociais.
   
              2. Autonomía:
               Indicar paso a paso as actividades que hai que realizar, ofrecer as instrucións de unha en unha, presentar unha lista dos pasos a seguir con apoio visual (e ir retirando pouco a pouco o apoio), ofrecer responsabilidades co fin de evitar a sobreprotección, ofrecer recompensas ante a consecución dos obxectivos.

              3. Autocontrol:
               Ensinar as sinais físicas do estrés, rexistrar problemas de conduta (conduta, causas e consecuencias), ofrecer guións de control de conduta (que axuden a decidir qué facer se notamos que imos perder o control), preparación e anticipación dos cambios, reforzar comportamentos adecuados concretos, ter en conta os avances, favorecer e potenciar o autocoñecemento.

  • Como podemos intervir dende a escola? Para a intervención escolar, e moi esquematicamente, deberemos ter en conta aspectos como:
Estructurar o ambiente e evitar cambios inesperados.
Planificar as tarefas paso por paso.
Ofrecer instrucións claras e precisas.
Favorecer moito a comprensión lectora, a comprensións dos conceptos abstractos e a xenaralización dos coñecementos traballados.
Evitar a perda de motivación.
Realizar exámenes adaptados ás necesidades dos alumnos/as (mellor nestes casos en formato tipo test).
Intervir sobre os problemas de atención.
Ter en conta as dificultades coas que se atopan para realizar unha adecuada grafía (debidos á torpeza motora).



Ademais de toda esta información, dende Asperga tamén nos facilitaron diferentes materiais para seguir indagando no Síndrome de Asperger. Aquí deixamos algúns deles:

-El Síndrome de Asperger: otra forma de aprender. Equipo Deletrea (Comunidad de Madrid)


-Síndrome de Asperger. Guía práctica para la intervención en el ámbito escolar. Asociación Sevillana de Síndrome de Asperger.


-http://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com.es/

-http://conadeasperger.blogspot.com.es/



Ningún comentario:

Publicar un comentario